Desenvolveuse este sábado 12 de maio, no pavillón do colexio público Luis Acuña de A Carballeira en Ourense, unha xornada de tecnificación que estivo dirixida polo seleccionador nacional Philippe Boudreault e á que acudiron 73 xogadores e xogadoras das categorías Alevín, Infantil e Sub-20 Feminina. O obxectivo da mesma era ir pulindo detalles de cara á participación das seleccións galegas para os Campionatos de España de Seleccións Autonómicas, que se disputarán do 6 ao 8 de xullo no País Vasco.

Cada clube tivo a oportunidade de enviar un máximo de cinco xogadores por categoría, que pasaron por unha escolla previa por parte dos seleccionadores galegos que forman o corpo técnico do comité de Hóckey Liña da Federación Galega de Patinaxe. Ademais, esta sesión preparatoria foi o primeiro contacto oficioso coa pista de Ourense, que aínda non estaba rematada, pero que se inaugurará oficialmente para a práctica desta modalidade este domingo coas Finais a 4 das categorías Feminina e Benxamín.

#eupatino

HL-2018-05-12-Tecnificacion1 HL-2018-05-12-Tecnificacion2 HL-2018-05-12-Tecnificacion6 HL-2018-05-12-Tecnificacion8