Cun magnífico ambiente e no transcurso dunha longa xornada, celebrouse este sábado unha nova edición do Campionato Galego de Patinaxe Artística na modalidade libre para as categorías Cadete, Xuvenil, Junior e Senior, tanto Masculina como Feminina. Organizado polo CPA Luar no pavillón municipal Álvaro Pino de Ponteareas (Pontevedra), o elevado número de inscritos cun total de 45 provocou que a sesión matinal, na que se realizaba o programa de disco curto, e a vespertina co disco longo, se alongasen máis do debido e finalizase o mesmo pasadas as nove da noite coa entrega de medallas e trofeos aos tres primeiros clasificados de cada categoría, que foron entregados por Benito Márquez (concelleiro de deportes do Concello de Ponteareas), Belén Villar (presidenta do CPA Luar) e Maves Labordeta como representante da Federación Galega de Patinaxe. O CPA Maxia volveu monopolizar unha boa parte dos títulos autonómicos disputados con Manuela Vila, Iago Méndez, Noelia Rodríguez, Nadia Iglesias e Isis Basanta, mentres que o resto se repartiron entre Albino Estévez (Covelo PA), Pablo Paz (CP Ribeira) e Pablo Vasallo (CP Oleiros).

Podedes consultar os resultados no documento adxunto.

 

 

Galerías de imaxes

Categoría Cadete MasculinaCategoría Cadete Feminina

Categoría Xuvenil MasculinaCategoría Xuvenil Feminina

Categorías Junior e Senior Masculina e Feminina

Entrega de medallas e trofeos

IMG_CG_PA_B (855) IMG_CG_PA_B (888) IMG_CG_PA_B (886) IMG_CG_PA_B (878) IMG_CG_PA_B (876) IMG_CG_PA_B (874) IMG_CG_PA_B (871) IMG_CG_PA_B (867) IMG_CG_PA_B (863)IMG_CG_PA_B (870)