Cunha participación de 37 patinadores e patinadoras, celebrouse o pasado sábado o Campionato Galego de Patinaxe Artística para as categorías Benxamín, Alevín e Infantil no pavillón de Valadares en Vigo (Pontevedra). As máis novas só realizaban o programa curto pola mañá, proclamándose campioa autonómica en Benxamín, pois non se contaba con presencia masculina, a patinadora Martina Fernández Otero do CP Oleiros.

En Alevín, tras completar os programas curto e longo ou libre, Unay Cereijo García (CPA Maxia) e María Grela Amor, ambos do CPA Maxia, lograban o título rexional mentres que en Infantil eran Lucas Yáñez Pérez e Lucía Fernández Otero os campións, nun evento organizado polo CPA Valladares.

Os resultados completos están dispoñibles no apartado de competicións en Patinaxe Artística.

[Fotos: CPA Valladares e Covelo PA]

 

 

 

PA-2017-07-08-Campionato-Galego-Benxamin-Alevin-Infantil14 PA-2017-07-08-Campionato-Galego-Benxamin-Alevin-Infantil16 PA-2017-07-08-Campionato-Galego-Benxamin-Alevin-Infantil17

PA-2017-07-08-Campionato-Galego-Benxamin-Alevin-Infantil11 PA-2017-07-08-Campionato-Galego-Benxamin-Alevin-Infantil12