Hoxe púxose a disposición dos interesados na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte, a Resolución enviada ao Diario Oficial de Galicia para a súa publicación coa listaxe definitiva das subvencións a entidades deportivas convocadas pola Resolución do 25 de novembro de 2016.

Dado que o prazo para solicitar o cobro e xustificar a subvención concedida será dun mes dende o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, enviarase de novo aviso vía e-mail o día da súa publicación (dado que é a partir desta data cando se pode solicitar o cobro e presentar a documentación xustificativa).

Recoméndase aos beneficiarios que antes de entregar a documentación revisen a Guía disponible, elaborada para facilitarlles o proceso de solicitude e cobro da subvención.

Recórdese que para poder cobrar a subvención, as entidades beneficiarias deben ter adaptados os seus estatutos á Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, tendo de prazo ata o momento da xustificación da subvención.

Ver información en: http://deporte.xunta.gal/index.php?idMenu=67&int1=3301&idIdioma=2