ÁBRESE O PRAZO PARA SOLICITAR O COBRO E XUSTIFICAR A SUBVENCIÓN

 

O luns 17 de xullo, publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución coas listaxes definitivas de subvencións a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia, para o desenvolvemento de actividades deportivas, convocadas pola Resolución do 25 de novembro de 2016.

 

Os beneficiarios dispoñen de prazo para solicitar o cobro e xustificar a subvención, dende o martes 18 de xullo ata o xoves 17 de agosto de 2017.

Ver nova en: http://deporte.xunta.gal/