Benvida do Presidente

 

A Federación Galega de Patinaxe comprácese en darvos a benvida á vosa nova páxina web, un lugar no que encontraredes a mellor forma de estar informado ao momento sobre as noticias deportivas referentes á vosa Federación, así como ás cinco modalidades deportivas que representa..

 

Dende esta nova páxina pretendemos actualizarnos e ofrecer unha versión mellorada aos afeccionados galegos á patinaxe. A renovada web consta non só de novo deseño,, senón dunha forma máis moderna de navegación, ademais de contidos máis variados para gozar da actualidade da patinaxe dunha forma máis directa. Dende www.fgpatinaje.com poderase seguir toda a información das especialidades da Patinaxe en Galicia: Patinaxe Artística, Hóckey a Patíns, Hockey Liña, Patinaxe de Velocidade e Freestyle.

 

Acorde á época que vivimos, darémoslle especial relevancia a todo o apartado multimedia das modalidades deportivas que representamos, ademais de resultados, noticias, etc. Pero para iso, sen dúbida, é moi importante a comunicación con todo o colectivo da patinaxe galega. Así poñemos á vosa disposición a nosa caixa de correo de comunicación, ademais de poder facelo a través do noso perfil nas redes sociais máis relevantes como Facebook ou Twitter.

 

Empezamos unha nova etapa, tanto na web coma na Federación, e como un dos nosos obxectivos é mellorar e avanzar, gustaríanos que todos os clubs, deportistas, aficionados, etc, das distintas modalidades, nos fagan chegar toda a información relevante aos seus deportes para facernos eco e compartilo con todos os afeccionados e interesados á patinaxe galega.

 

Benvidos á web da vosa Federación,

 

Vicente Torres Prada
Presidente
Galego Federación de Patinaxe