Xunto a algún partidos aprazados, este domingo 11 de febreiro disputouse no pavillón de Bouzas en Vigo organizada polo Club Vella Escola Roller a Segunda Sede da Liga Galega Benxamín de Hóckey Liña, na cal segue como líder invicto e contando os seus oito partidos por vitoria o Peque Lóstregos, a pesar de que no disputado pola mañá ante ADC Alquimia Inline se resolveu por un axustado 1-2 a favor dos lugueses. CH Minimeigas mantén a segunda praza provisional por diante de Morcegos HL e ADC Alquimia Inline, que parecen os candidatos a xogar a Final a 4 polo título.

Resultados e clasificación

#eupatino

[Fotos: ADC Alquimia Inline]

HL-2018-02-11-Benxamin-Sede2-1 HL-2018-02-11-Benxamin-Sede2-2 HL-2018-02-11-Benxamin-Sede2-3 HL-2018-02-11-Benxamin-Sede2-5