Lóstregos Norte proclamábase este domingo 15 de abril no pavillón Daniel Cordido Castro de Lugo campión da Copa Federación Infantil de Hóckey Liña, tras derrotar a Lóstregos Sur por 6-3. Os dous equipos do club organizador da competición solventaron con facilidade as súas semifinais disputadas pola mañá, ao derrotar os campións a Trasnos por 8-0 mentres os subcampións gañaban a A Guarda HL por 4-0.

Juan Álvarez, como capitán do equipo vencedor, recolleu o trofeo de campión que foi entregado por Óscar Manuel Romay, responsable do Comité de Hóckey Liña da Federación Galega de Patinaxe.

Resultados

 

HL-2018-04-15-Copa-Federacion-Infantil2

Ademais tamén se disputaron dous partidos da Liga Benxamín, un pola mañá no que Morcegos HL derrotaba a Lóstregos Olimpo XXI por 11-4 e outro pola tarde no cal Peque Lóstregos gañaba a Morcegos HL por 2-6.

#eupatino