No Teatro Rosalía de Castro de A Coruña celebrouse onte xoves 21 de decembro a entrega de diplomas e medallas aos galardoados cos Premios Deporte Galego 2016, nos cales a Federación Galega de Patinaxe foi a que máis acadaba con tres representantes entre as diversas persoas e entidades que mereceron ese recoñecemento polos seus éxitos deportivos. O acto contou, entre outros representantes políticos, coa presenza do presidente de Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, e a Secretaria Xeral para o Deporte, Marta Míguez Telle.

O Hockey Club Liceo recollía por parte do seu presidente Eduardo Lamas o premio ao mellor equipo masculino mentres que Fran García recibía o de mellor árbitro ou xuíz sendo ademáis o mellor adestrador era para Rosa García do Club Patinaxe Artística Maxia. A todos eles parabéns e moita sorte no futuro para seguir acadando éxitos para o deporte galego e a patinaxe.

#eupatino

2017-PremiosDeporteGalego2 2017-PremiosDeporteGalego1