Como era de agardar, o derradeiro partido da Final a 4 da categoría Senior Feminina de Hóckey sobre Patíns decidiu o título galego e os dous equipos que disputarán a fase de ascenso á OK Liga Feminina xunto ao representante do Principado de Asturias.

As dúas primeiras xornadas, celebradas onte sábado pola tarde e hoxe domingo pola mañá, deixaban a HC Liceo e Diver Patín CD con dúa vitorias, polo que ambos xa estaban clasificados para a fase de ascenso, así que o partido entre as coruñesas e as composteláns desta tarde no pavillón de Monte Alto de A Coruña ía decidir o título galego. Antes, CH Compostela derrotaba a HC Borbolla, polo que a terceira praza era para as de Santiago.

Na que podería ser considerada a final, aínda que a competición se disputaba xogando todos contra todos con formato de liga a unha volta, o HC Liceo comezaba poñendo moi pronto o marcador ao seu favor con un gol de Lucía Paz con só 15 segundos de partido consumidos. O Diver Patín CD lograba empatar mediado o primeiro periodo grazas a un tanto de Beatriz Pereira, pero a 20 segundos de chegar ao descanso María Sanjurjo situaba o segundo no marcador para as liceístas. No segundo tempo, dous goles máis nos derradeiros minutos de Lucía Paz e Lara Yáñez deixaban o definitivo 4-1.

Clasificación e resultados

#eupatino

_MG_5542 _MG_5530 _MG_5545 _MG_5352 _MG_5435 _MG_5442 _MG_5484 _MG_5317 _MG_5298 _MG_5524