Volve ao pavillón Daniel Cordido Castro de Lugo o Hóckey Liña coa disputa da Copa Federación Infantil organizada por CP Lóstregos Lucus, que celebrará o domingo 14 de abril pola mañá as semifinais entre Lóstregos Norte e Trasnos (11:15 horas) a primeira delas mentres que a segunda, desde as 12:30 horas, xogarana Lóstregos Sur e A Guarda HL. A final será ás 16:00 entre os gañadores das dúas semifinais.

Por outra banda vaise aproveitar para disputar dous partidos da Liga Benxamín entre Morcegos HL e Lóstregos Olimpo XXI (10:00) e Morcegos HL e Peque Lóstregos (17:30), categoría que, como xa sabedes e ao igual que a Feminina, non celebra sedes e vai programando os seus encontros segundo a dispoñibilidade dos diversos equipos que participan nas dúas competición.

2017-2018-HL-Copa-Federacion-Infantil

Eliminatoria de clasificación para o Campionato de España Alevín

Asimesmo, tamén se celebraba en días pasados unha eliminatoria previa de cara á clasificación para o Campionato de España Alevín que terá lugar en Sagunto (Valencia) no mes de xuño, no que a Galicia lle corresponde unha praza. Como había dous equipos interesados en acudir, Lóstregos Lucus e CHL Feminino Meigas, disputáronse dous encontros que reflictiron resultados favorables ao Lóstregos Lucus, vencendo como local por 7-1 e na volta como visitante por 2-3, polo que será o conxunto que nos represente.

Horarios, resultados e clasificacións

#eupatino

[Foto: CHL Meigas]

HL-2018-04-12-Clasificacion-CE-Alevin