Chegou o momento de decidir os títulos e coñecer quen será o campión nas categorías Sénior Masculina e Feminina de Hóckey Liña, que terá este domingo 18 de xuño unha intensa xornada coa disputa das semifinais de ambas pola mañá no Pazo dos Deportes de Riazor da Coruña. Os primeros en saír á pista serán os conxuntos masculinos, cunha primeira semifinal ás 10:30 que enfrontará a CP Lóstregos a A Guarda Hóckey Liña mentres que na segunda, ás 11:45, xogarán CHL Cabuxos e CPL Brigantium de Arteixo. Os equipos de Lugo, Lóstregos e Cabuxos, parten como favoritos para xogar a final pola tarde desde as 17:00 horas, pero a un partido pode haber sorpresas e mudar así o dominio de ambos na liga regular, na que remataron primeiro e segundo clasificado respectivamente.

Na categoría feminina a primera semifinal será ás 13:00 entre CHL Meigas e CPL Brigantium Arteixo mentres que a segunda se xogará a continuación, ás 14:15, entre Lóstregos Feminino e ADC Alquimia InLine. Neste caso, tamén os dous equipos de Lugo, Meigas e Lóstregos son os candidatos a disputar a final das 18:30 pola súa bagaxe na liga regular, onde se mostraron moi superiores ao resto de equipos.

Calendario e resultados