Despois de 10 xornadas de competición que comezaban o pasado 6 de outubro e finalizaron este domingo 3 de decembro, o Club Compañía de María proclamábase campión da Copa Federación da categoría Junior de Hóckey sobre Patíns, tras terminar a liga a dobre volta con enfrontamentos de todos contra todos, con sete vitorias e un empate nos oito partidos xogados. De feito, o título decidíase na derradeira xornada ao derrotar o Compañía de María ao HC Liceo por 1-8 na pista liceísta, cando ambos chegaban empatados a puntos tras a xornada 9 e despois de empatar a catro tantos no partido da primeira volta.

Tras terminar a competición, a liga iniciarase este fin de semana cun formato idéntico ao da Copa Federación, pero coa diferenza de que tras a liga regular a 10 xornadas que finalizará o 10 de marzo de 2018 se disputará a Final a 4 cos catro primeiros clasificados.

Clasificación final e resultados

#eupatino