Doce equipos da categoría Sub17, seis galegos e outros seis portugueses, disputaron este pasado fin de semana en A Coruña a sexta edición do xa prestigioso Torneo Eixo Atlántico organizado pola Asociación de Clubes Coruñeses de Hóckey sobre Patíns, aínda que como acto previo o venres pola tarde era impartida unha interesante conferencia polo técnico italiano Gianni Massari, que versaba sobre os fundamentos técnicos desta modalidade.

Os pavillóns de Riazor e Monte Alto acollían a fase previa de grupos deixando como campións de cada un deles a AD Valongo, Club Compañía de María, CA Bragança e CH Compostela. Os dous primeiros disputaban unha das semifinais en Monte Alto, con un resultado de 7-1 favorable ao Valongo ante Compañía. Na outra semifinal, celebrada en Riazor, os de Bragança derrotaban aos de Compostela por 2-0. Na final, o Valongo foi superior e venceu por 4-1 ao Bragança mentres que a terceira praza era para Compañía de María, que tras rematar o partido con empate a dous tantos, era mellor na serie de penaltis contra Compostela (1-0).

 

CLASIFICACIÓN FINAL

1º AD Valongo

2º CA Bragança

3º Club Compañía de María

4º CH Compostela

5º CH Carvalhos

6º Académico da Feira

7º Famalicense AC

8º Escola Lubiáns

9º HC Liceo

10º Académico de Porto

11º SDC Santa María del Mar

12º HC Raxoi

 

#eupatino