Federación Galega de Patinaxe
Web Oficial da Federación Galega de Patinaxe
Avenida de Glasgow nº 13 -15008 - A Coruña - Teléfono: 981 130 994  Fax: 981 134 183

Noticias <<<  As Ligas de Hoquei voltaran de novo ó día 12 de Xaneiro - Curso de Arbitros de Hoquei a Patins, os interesado facer unha preinscripción na sede da Federación.

HISTORIAL

DA

PATINAXE

Dificilmente podía imaxinar o holandés Hoans Brinker, cando ideou e construíu a primeira roda metálica para patíns no ano 1733, que a patinaxe tería o auxe que adquiriu nos nosos días, coas súas tres disciplinas (hockey sobre patíns, patinaxe artística e carreiras en circuíto e estrada) que orixinaron un "boom" non soamente no deportivo senón tamén no comercial.

Estas rodas foron colocadas baixo un rudimentario patín con lamia metálica e preparada por un industrial zapateiro belga, Joseph Lundsen. Pero o proxecto do patín deixouse de lado polas moitas imperfeccións que presentaba, quedando para o esquecemento e como anécdota.

A historia fálanos doutros inventores de rodas pero é en 1813 cando Jean Garcin, construíu unhas rodas de madeira que patentaría dous anos despois con notable éxito. Creou unha Escola de Patinaxe, pero a practica dos aprendices provocou numerosos accidentes que motivaron o peche da Escola e das súas actividades.

Anos máis tarde, en 1867, o invento de Jean Garcin foi recollido por uns industriais británicos que, previamente perfeccionado, presentárono e expuxeron na Feira Mundial de París. Este proxecto foi patentado en Nova York por James Leonard Plinton, co axuste dun mecanismo de freado consistente nun taco de caucho na parte dianteira.

En 1876 ábrese en París o primeiro Centro de Patinaxe como deporte de moda e montado con todo tipo de luxos e detalles para deleite da aristocracia parisiense, que tomou a patinaxe como deporte de moda. A partir daquel momento proliferaron as pistas de patinaxe por toda Europa. Alemaña tiña 50 pistas, Gran Bretaña 30 e nos Estados Unidos comezaba a súa expansión.

Ante este crecemento había que organizar a patinaxe e, con tal motivo, comezaron a nacer clubs e competicións. Edward Crawford tróuxose de Chicago novas ideas para competicións e deportes a practicar entre os que se atopaba o hockey sobre patíns.

No ano 1905 fúndase en Inglaterra a AMATEUR HOCKEY ASSOCIATION, precursora da patinaxe a todos os niveis, aínda que en 1901 xa existían equipos que competían entre se pero sen regras de xogo.

As primeiras noticias de partidos celebrados entre clubs de diversos países datan de Novembro de 1910.

Pode dicirse, xa que logo, que Inglaterra foi o auténtico berce do Hockey e en 1909 comezouse a xogar no Condado de Kent.

A patinaxe xa era unha realidade nas súas tres modalidades (carreiras, artístico e hockey), pero había que ordenar e organizar o deporte. En abril de 1924 reuníanse en MONTREUX (Suíza) representantes de Francia, Alemaña, Gran Bretaña e Suíza, fundando a FEDERATION INTERNATIONAL DU PATINAGE A Roulotte (FIPR), sendo nomeado presidente da mesma o suízo Fred Renkewitz, personaxe de suma importancia na difusión do hockey rodado por todo o mundo.

No ano 1946 creouse a Federación Española de Hockey e Patinaxe e España debutou en competicións internacionais en 1947 nun campionato celebrado en Lisboa (Portugal).

Nestes anos a achega de Juan Antonio Samaranch (xogador, adestrador e directivo), fué moi valiosa. Así, en 1954 creouse a Federación Española de Patinaxe, desligada xa do hockey sobre herba, presidida precisamente por Samaranch.

A partir destes momentos o hochey sobre patíns foi adquirindo a magnificencia que hoxe día posúe, o respecto internacional e os títulos que adornan as actuacións dos campións, técnicos e dirixentes.

Citar aquí a todos os que destacaron pola súa contribución ao desenvolvemento deste deporte resulta imposible, pois sen dúbida esqueceriámonos de nomes importantes. Ao longo de todo este tempo celebráronse Campionatos do Mundo, competicións europeas (clubs e seleccións), finais de copa, ligas... en fin, infinidade de partidos por toda a nosa xeografía (especialmente a catalá, a asturiana e a galega).

Apuntar, finalmente, que en 1992, o hockey sobre patíns foi, por primeira vez, deporte olímpico (de exhibición) meta conquistada por todos os que loitaron por este deporte durante tantos anos.

Volver ao menú