A cidade de Lugo acolle este fin de semana en horario de 9:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00, tanto o sábado como o domingo, un Clínic de Árbitros da modalidade de Hóckey Liña para aqueles que estén en activo esta tempada, que será impartido pola árbitra Alba Calero, que desde o pasado mes de novembro é a nova presidenta do comité europeo (CERILH) deste colectivo. O obxectivo do mesmo é continuar coa formación dos árbitros galegos así como evaluar o nivel no que se atopan, con un programa que contará cunha parte teórica que se desenvolverá na Casa da Xuventude (rúa Xesús Bal e Gay 26) de Lugo e outra práctica, que se levará a cabo no pavillón Daniel Cordido Castro do barrio lugués da Piringalla.

#eupatino

[Fotos: Paco López e www.worldinlinehockey.org]

 

 

Alba1(1)(1)