Este domingo celebráronse as Finais a 4 das categorías Senior Masculina e Feminina de Hóckey Liña, nunha sede organizada polo ADC Alquimia InLine e que se desenvolveu durante toda a xornada no Pazo dos Deportes de Riazor da Coruña.

Non houbo sorpresas nas semifinais masculinas, que comezaban pasadas as dez da mañá coas vitorias dos dous equipos de Lugo que dominaron a liga regular. Na primeira semifinal, o Lóstregos derrotaba ao único conxunto da provincia de Pontevedra, A Guarda HL, por 13-1. Na segunda vencía o CHL Cabuxos ante CPL Brigantium de Arteixo por marcador algo máis axustado (5-3).

Na final, xogada pola tarde, o Lóstregos vencía claramente a CHL Cabuxos por un cómodo 11-1, a pesar de que nos primeiros minutos o Cabuxos foi quen de empatar a un tanto, pero pouco durou a igualdade pois o Lóstregos se mostrou moi superior.

Na categoría feminina tampouco houbo sorpresas nas semifinais, cos equipos de Lugo pasando á final. CHL Meigas derrotaba a CPL Brigantium Arteixo por 9-3 mentres que na segunda Lóstregos vencía a ADC Alquimia InLine por 11-2. A sorpresa veu no partido definitivo para decidir ao campión, pois a pesar do dominio na liga regular do Meigas onde rematou invicto con sete vitorias e un empate, no puido rematar a súa boa tempada cedendo ante Lóstregos por un axustado 1-2, que tampouco conseguiu neutralizar a diferenza dun tanto nos derradeiros minutos a pesar de estar cunha xogadora máis pola exclusión dunha do Lóstregos.

Julio Parga, vicepresidente da Federación Galega de Patinaxe, entregou o trofeo de campión ao capitán e capitana dos dous equipos, dando así por concluída a competición da Liga Galega nas categorías Senior.

Resultados

Galería de imaxes: Final MasculinaFinal Feminina

_MG_8152 _MG_8147_MG_8021_MG_8100