Os equipos Club Compañía de María “A” na categoría Xuvenil e CH Compostela “A” na Alevín non deron opción á sorpresa nas Finais a 4 celebradas este fin de semana no pavillón de Monte Alto de A Coruña, onde certificaron o seu dominio xa ejercido na liga regular o que lles levou a adxudicarse o título galego.

Na Xuvenil, o Club Compañía de María “A” gañaba os tres partidos disputados mostrando un bo nivel tanto en ataque como en defensa, rematando como o conxunto máis goleador e a mellor defensa. Acompañarano na Fase de Sector o HC Liceo, segundo na Final a 4, e o Club AA Dominicos, terceiro tras derrotar a CH Compostela “A” na derradeira xornada, que se disputará tamén en Monte Alto do 13 ao 15 de abril.

Por outra banda, o CH Compostela “A” non tivo que agardar á terceira xornada, que remataba cunha nova vitoria completando así o pleno, pois xa era campión logo dos resultados rexistrados nas dúas primeiras. Club Compañía de María “A” remataba segundo despois de derrotar e deixar fóra da Fase de Sector a Club AA Dominicos “A”, mentres que o terceiro clasificado que acudirá os días 13 ao 15 de abril a Oviedo será o HC Liceo “A”, disputando os tres como no caso da Xuvenil as dúas prazas para os Campionatos de España xunto aos tres equipos asturianos clasificados.

Resultados e clasificacións

#eupatino

[Fotos: GaliciaNhockey]

HP-2018-04-08-F4-Xuvenil-Companhia HP-2018-04-08-F4-Alevin-Compostela 2017-2018-HP-F4-05-Alevin 2017-2018-HP-F4-03-Xuvenil