As competicións autonómicas oficiais de Patinaxe Artística comezaron este fin de semana (3 e 4 de febreiro) cun intenso programa no pavillón Cándido Carrera Estévez de Salvaterra de Miño, onde levou a batuta organizativa o CPA Condado con 121 deportistas repartidos ao longo das dúas xornadas.

O sábado accedían á pista os 81 patinadores e patinadoras inscritos na 1.ª Fase de Categoría Rexional das categorías Alevín, Infantil, Cadete e Absoluta, logrando as maiores puntuacións respectivamente en cada unha delas Adrián Branco (CP Ribeira) e María Lariño (CPA Omega), Miguel Sánchez (AD Liceo) e Noa Álvarez (CPA Gondomar), Manuel Rodríguez (CPA Gondomar) e Lucía Rodríguez (CP Fontiñas), Carlo Signorini (CPA Ágora) e María Nerea Castro (CP Oleiros).

Na xornada matinal do domingo era a quenda das Probas de Acceso, nova modalidade implantada este ano que permite aos inscritos acceder á Primeira Categoría. Dos 34 que se presentaron nesta convocatoria das categorías Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete, Junior e Senior, case a metade lograban superar a proba, obtendo así 16 deles o diploma de Apto. A mañá remataba coa Copa Federación de Parellas de Danza, cunha inscrita na categoría Infantil (Iago Cacheiro e Zaida Louro do Alquimia) e dúas en Cadete, Alejandro Redondo/Candela Recio (AD Liceo) e Brais Cano/Sabela Santiso (Alquimia), que finalizaron nesta orde.

Clasificacións

#eupatino

[Fotos: CPA Condado, CPA Gondomar, CP Fontiñas]

PA-2018-02-03-1FaseRexional-1 @Gondomar PA-2018-02-03-1FaseRexional-2 @Gondomar PA-2018-02-04-ProbasAcceso-1 @Fontinhas PA-2018-02-04-ProbasAcceso-1 @Gondomar