Hockey Sobre Patines

Confirmando a superioridade mostrada na fase regular da competición autonómica Alevín de Hóckey sobre Patíns, o Club A. A. Dominicos vén de proclamarse campión galego da categoría tras gañar esta tarde, no polideportivo municipal Os Campóns en Cambre (A Coruña), ao C. H. Compostela A por 6-3. Os coruñeses levaron a iniciativa desde o inicio,…

Continue reading Club A. A. Dominicos, campión galego Alevín de Hóckey sobre Patíns

Logo das semifinais celebradas onte no polideportivo municipal dos Campóns de Cambre (A Coruña), esta tarde disputaranse os encontros correspondentes ás finais e a disputa polo terceiro e cuarto posto nas categorías Alevín e Xuvenil de Hóckey sobre Patíns. A primeira das finais polo título autonómico será a que xoguen Club A. A. Dominicos e…

Continue reading Club A. A. Dominicos A-C. H. Compostela A en Alevín e Club Compañía de María A-Club A. A. Dominicos en Xuvenil, candidatos aos títulos autonómicos de Hóckey sobre Patíns esta tarde en Cambre

Por segundo ano consecutivo o H. C. Raxoi de Santiago de Compostela organiza os días 15 e 16 de abril, aproveitando o periodo non lectivo para os escolares da Semana Santa, as xornadas de Tecnificación e Empoderamento Feminino en Hóckey a Patíns e que se desenvolverán en dous eventos. Así, o pavillón municipal de Vite…

Continue reading O H. C. Raxoi organiza a segunda edición das xornadas de Tecnificación e Empoderamento Feminino en Hóckey a Patíns

Organizado polo H. C. Cambre e a Federación Galega de Patinaxe, o polideportivo municipal Os Campóns en Cambre (A Coruña) acolle esta fin de semana as primeiras Finais a 4 das previstas nas competicións autonómicas de Hóckey sobre Patíns. Serán as categorías Xuvenil e Alevín as convocadas e que ademais mudan de formato esta tempada,…

Continue reading Avance Finais a 4 Xuvenil e Alevín de Hóckey sobre Patíns

Pouco a pouco van rematando as fases regulares das diversas competicións de Hóckey sobre Patíns que proximamente disputarán as fases de sector e, aqueles equipos que logren clasificarse, os campionatos de España das súas correspondentes categorías. A pasada fin de semana concluía a Infantil logo de 22 xornadas e na que Club A. A. Dominicos…

Continue reading A Liga Galega Infantil de 1.ª División Autonómica de Hóckey sobre Patíns deu por finalizada a súa fase regular