Aínda que este domingo 3 de decembro estaba prevista a Primeira Sede da Liga Galega Feminina de Hóckey Liña, o certo é que todos os encontros previstos foron aprazados xa que os catro clubes que participan -Brigantium, Club Hóckey Feminino Meigas, ADC Alquimia Inline e Lóstregos Feminino-, acordaron adaptar eles mesmos as datas para evitar un incremento do presuposto, tendo en conta ademais que dous son de Lugo e outros tantos de A Coruña.

Na categoría Benxamín, que comezará o domingo da vindeira semana (10 de decembro) en Lugo coa Primeira Sede organizada polo Club Meigas, xa se disputaron un par de partidos en función das necesidades de cada club, aínda que neste caso se manterá o sistema de competición por sedes, con catro emprazamentos distribuídos do seguinte xeito e coas súas correspondentes datas:

Sede 1 – 10/12/2017: Club Meigas.

Sede 2 – 11/02/2018: Club Vieja Escuela Rolle.

Sede 3 – 25/02/2018: CP Lóstregos Lucus.

Sede 4 – 18/03/2018: CP Lóstregos Lucus.

Calendario Liga Feminina

#eupatino