Realizados hai algo máis dun mes os programas curtos da modalidade libre para os patinadores e patinadoras de 1.ª Categoría, este sábado 14 de abril é a quenda do programa longo no Trofeo Xunta, que se desenvolverá en Ordes e Gondomar cunha participación de 123 deportistas.

Na cita coruñesa, organizada polo Club Patinaxe Galia, contarase con 76 inscritos de todas as categorías cun intenso programa no pavillón Castelao I de Ordes, onde a competición comezará ás 9:50 horas nunha xornada matinal que rematará ás 14:35. Pola tarde reanúdase a mesma de 16:50 a 21:10.

O pavillón de Donas, baixo a organización do CPA Gondomar, acollerá aos 47 inscritos dos clubes de Pontevedra co inicio da competición ás 11:00 e as 13:30. Pola tarde, o horario é de 17:00 a 20:15.

Horarios e ordes de saída

#eupatino

2018-04-14-PA-Trofeo-Xunta-Gondomar2018-04-14-PA-Trofeo-Xunta-Galia