Repite Lugo e o pavillón Daniel Cordido Castro como emprazamento para a Segunda Sede da Liga Galega Masculina de Hóckey Liña, aínda que esta vez baixo a organización do CHL Cabuxos. Dúas xornadas, a terceira e a cuarta, disputaranse o domingo desde as 10:00 ata as 20:00 horas con oito partidos sumamente interesantes.

Un deles será o que enfronte aos dous líderes, CP Lóstregos Lucus e Brigantium, sendo ademais sumamente importante para os primeiros ao descansar pola tarde, o que podería levar tamén á cabeza da clasificación aos locais do Cabuxos.

Horarios, resultados e clasificación

#eupatino