O ano 2018 comenza cedo con competicións oficiais na modalidade de Hóckey Liña, pois o primeiro domingo xa se disputa a Segunda Sede da Liga Galega Infantil e na que seguramente o tema de conversa entre os cativos e cativas que acudan ao pavillón Daniel Cordido Castro de Lugo será os regalos de Reis, aínda moi recentes e sen apenas tempo de poder disfrutalos.

Ben seguro que chegarán con moitas gañas para afrontar as dúas xornadas previstas, a terceira e a cuarta da competición desde as 10:00 horas do 7 de xaneiro ata case as oito da tarde, na que rematará a xornada despois de xogarse os 8 partidos do calendario. A priori tanto CH Feminino Meigas, que son os organizadores da Sede, como Lóstregos Norte, ambos os dous sendo os únicos que gañaron os dous encontros anteriores e que lideran a clasificación provisional, non deberían ter problemas para manter a imbatibilidade, se ben as de Meigas xogan contra o terceiro clasificado, A Guarda Hóckey Liña, quen intentarán dar a sorpresa aínda que contan cun día moi esixente, pois pola tarde o seu rival será o Lóstregos Norte. En función dos resultados que acaden, podería ser unha boa oportunidade para que os seus perseguidores, Lóstregos Sur e Morcegos HL, poñan aínda máis emoción no ecuador da competición.

Calendario e horarios

#eupatino