O pavillón de Bouzas en Vigo acolle a Segunda Seda da Liga Galega Benxamín de Hóckey Liña na que se disputarán as xornadas 6 e 7 da competición, aínda que un deles xa se xogou o pasado 21 de decembro entre os dous equipos de Lugo, CH Minimeigas e Lóstregos Olimpo XXI.

Tras cinco xornadas disputadas, aínda que non están completas porque restan algúns encontros que se xogarán este domingo 11 de febreiro, concretamente das xornadas 1 e 3, á sede organizada polo Club Vella Escola Roller chega Peque Lóstregos como líder despois de gañar os seis partidos disputados, e onde os encontros comezarán ás dez de mañá para disputarse ininterrumpidamente ata ben entrada a tarde.

Horarios e resultados

#eupatino