Iníciase a actividade competitiva na modalidade de Patinaxe Artística coa primeira proba federada organizada polo CPA Condado este fin de semana no pavillón Cándido Carrera Estévez de Salvaterra de Miño (Pontevedra). E faino cunha intensa actividade durante as dúas xornadas, o sábado 3 de febreiro e o domingo 4, aínda que na segunda delas só con horario matinal.

O sábado será a quenda da I Fase de Categoría Rexional para as categorías Alevín, Infantil, Cadete e Absoluta, cos máis novos realizando os adestramentos e a competición oficial pola mañá mentres as outras dúas farano ao longo da tarde. O domingo realizarase a Copa Federación de Parellas de Danza para Infantil e Cadete, pero engadindo tamén ao programa as probas de acceso para competir en categoría nacional (desde Benxamín a Senior) nunha competición que se implanta por primeira vez en Galicia, polo que o total de inscritos supera amplamente o centenar de participantes.

Horarios

#eupatino.