A fase de Deporte Escolar de Patinaxe Artística de Grupos Show celébrase este mércores na Coruña, aproveitando a festividade autonómica do 17 de maio con motivo do Día dás Letras Galegas, tendo como emprazamento o Pazo dos Deportes de Riazor coa organización do CPA Brincadeira. Ás 10:00 horas iniciaranse os adestramentos mentres que a competición será a partir das 17:00.

No que respecta á provincia de Pontevedra, será o sábado 20 de maio organizado polo Club Patinaxe Bolboreta de Redondela no Pavillón de A Marisma, tamén cos adestramentos pola mañá e a competición oficial na sesión vespertina desde as 17:00 horas. Na web específica de Patinaxe Artística podedes ampliar a información: http://www.artistico.fgpatinaxe.gal/