As categorías Infantil e Feminina rematan este domingo 21 de maio a liga regular das súas respectivas competicións do Hóckey Liña autonómico, disputando no pavillón Daniel Cordido Castro de Lugo os partidos que tiñan aprazados baixo a organización do CHL Meigas.

Na Infantil restan por celebrarse as xornadas terceira e cuarta co Olimpo XXI Lóstregos coa primeira posición practicamente asegurada. De feito, o único que pode variar son a segunda e a terceira praza entre Lóstregos Norte e Meiguiñas, pois A Guarda HL ten case garantida a presenza nas eliminatorias polo título co cuarto lugar.

Á categoría Feminina quédalle un encontro da terceira xornada e todos os da cuarta. De feito o que está pendente da tres é o que enfrenta a CHL Meigas e Lóstregos Feminino, que decidirá quen remata como primeiro clasificado a liga regular. Tamén semella que non haberá modificacións nos equipos clasificados para as semifinais polo título, con ADC Alquimia InLine e CPL Brigantium Arteixo contando con case todas as opcións.

Ademais de 13:15 a 14:15 o seleccionador nacional de Hóckey Liña, Philippe Boudreault, impartirá na propia pista unha unha charla a xogadores e técnicos que virá complementar o Clinic que se celebrará este mesmo fin de semana.

Horarios e resultados