Tras a publicación das listaxes de xogadores e xogadoras que pasaron o corte da primeira e segunda Tecnificación Autonómica, planifícase unha terceira xornada de preselección onde os xogadores elixidos polos técnicos da federación, que optarán a un posto entre os oito xogadores máis dous porteiros por categoría, que participarán na competición de Seleccións Autonómicas que se celebrará os días 14 e 15 de xullo en Cataluña.

Esta terceira Tecnificación, ó igual que as anteriores, desenvolverase para as categorías Alevín, Infantil e Sub-20 Feminina, coa celebración das probas o 24 de xuño no pavillón Daniel Cordido Castro de Lugo.

Así mesmo foi anunciada a incorporación ó Corpo Técnico Autonómico da adestradora Silvia González Pereiró, que será a encargada da preparación física.