Finalmente serán o Lóstregos, que remata a segunda fase no Grupo A como líder con 9 puntos, os mesmos que Brigantium, quen cedía a primeira posición na derradeira logo da súa derrota ante os lugueses, xunto a Cabuxos e Lóstregos Máster os que disputarán a Final a 4 en Lugo o 27 de maio, polo que o equipo que queda fóra é A Guarda HL, quizais o que máis complicado o tiña ao xogar só un partido no que empataba ante Lóstregos Master e que era insuficiente para clasificarse.

No Grupo B, Vigo Blue Ringed remataba esta segunda fase da liga regular como campión por diante de Brigantium Beta, sendo decisivo o partido xogado entre ambos nesta sede e que remataba cun tanteo de 5-10 favorable aos vigueses en detrimento dos de A Coruña. Morcegos HL e ADC Alquimia Inline completaban a clasificación, estes organizadores da sede e que non puideron rematar a tempada cunha vitoria na súa conta, pero aos que hai que felicitar pola magnífica posta en escea no Pazo dos Deportes de Riazor de A Coruña, xa que ademais todos os partidos se puideron seguir en directo a través da súa canle de YouTube.

A xornada tiña un fantástico colofón e remate co partido correspondente á xornada 6 da Liga Autonómica Feminina, onde Brigantium gañaba a ADC Alquimia Inline por 4-2. Aínda que no aspecto deportivo non foi un día caracterizado polos bos resultados, Alquimia seguirá traballando no futuro para darlle un novo pulo a esta modalidade que cada vez ten máis seguidores con iniciativas como as súas.

Resultados e clasificacións

#eupatino

[Fotos: ADC Alquimia Inline e Brigantium]

HL-2018-04-08-Masculino-Sede7 (12) HL-2018-04-08-Masculino-Sede7 (10) HL-2018-04-08-Masculino-Sede7 (9)HL-2018-04-08-Masculino-Sede7 (11) HL-2018-04-08-Masculino-Sede7 (7) HL-2018-04-08-Masculino-Sede7 (3) HL-2018-04-08-Masculino-Sede7 (1)HL-2018-04-08-Masculino-Sede7 (5)