Esta tarde sorteábase na sede da Federación Galega de Patinaxe o cadro das eliminatorias da Copa Federación Senior Masculina de Hóckey sobre Patíns, que contará coa participación de nove equipos, polo que se deberá xogar unha eliminatoria previa que disputarán os días 14 e 21 de abril en partido de ida e volta, ao igual que o resto dos cruces, o Club Compañía de María e HC Borbolla “A”. O gañador enfrontarase ao Escola Lubiáns no que será un dos partidos de cuartos de final e quedando o resto como segue: Club AA Dominicos-HC Raxoi, HC Liceo-HC Traviesas e CH Compostela-HC Borbolla “B”.

Datas e horarios

#eupatino